Concurso musical          

   ¡Nenos e nenas do Serra      Vincios! Comeza o primeiro    concurso musical onde        poderedes obtar a gañar un    fantástico cd.


O concurso ten dúas fases:


1ª FASE: Tedes que escribir unha mensaxe neste post , contando se vos gusta a cantiga de Barrio Sésamo, da publicación anterior (Namorada de Barrio Sésamo) , e dicir A QUE ESTILO MUSICAL PERTENCE.
Na mensaxe, non vos esquezades de deixar o voso nome e o curso no que estades .

De entre todas as mensaxes seleccionaremos ao chou 4 persoas.

2º FASE: esas 4 persoas seleccionadas terán que interpretar a cantiga do vídeo, na clase de música o vindeiro mércores as 12:00h ante un tribunal experto.
Para facer esta proba teredes a opción de ir lendo a letra  nun karaoke e sempre teredes a música orixinal de fondo.
Nesta ocasión, só haberá un gañador.


Boa Sorte

Lembrade que pode participar toda a comunidade educativa.








gNAMORADA DE BARRIO SESAMO


Hoxe comparto con vós este video de Barrio Sesamo, o mellor programa infantil do mundo. 

Moitas veces neste programa invitaban a músicos incribles que cantaban e tocaban cos teleñecos , os verdadeiros protagonistas de BARRIO SÉSAMO.  Neste video temos a oportunidade de escoitar a Patti Labelle unha lexendaria cantante de soul y R&B ( rhythm and blues ) estadounidense.


QUEREMOS COMER!

Este é un dos Éxitos musicais no Samaín, cunha mesa chea de cochinadas.


Preme na imaxe para ver o vídeo.
A composición é dun músico que se chama Luís Pescetti .

LUIS PESCCETTI

Hoxe quero recomendarvos a páxina web de Luis Pesccetti onde atoparedes moitísimas cancións descargables, textos divertidos, videos...


Vos xa coñecedes a este compositor , un dos seus temas máis coñecidos no Serra Vincios é o gran "Queremos comer, comer , comer"


QUE É O QUE ESTÁN A PREPARAR SALOMÉ E ELENA


Preme na imaxe para ver o vídeo.


SESIÓN FOTOGRAFICA COS INSTRUMENTOS DE PEQUENA PERCUSIÓN


Preme na imaxe para ver o vídeo.





O tema musical do video é Mr. Sandman coa versión das Puppini Sister
INCREDIBOX

Lembrades o ben que o pasamos o curso pasado con este xogo na clase?
Tedes que que arrastrar os iconos sobre os homiños e podedes disfrutar de múltiples combinacións musicais.


A xaneliña polos nenos de 4 anos

Ó finalizar o curso anterior os nenos de infantil fixeron este video coa cantiguiña da Xaneliña.

De nena os Reis magos trouxéronme un tocadiscos portatil. Aquel agasallo fíxonos felices a min e máis o meu irmán, e hoxe fainos felices ó cole enteiro disfrutando do son tan especial que teñen os discos de vinilo.


Escoitamos varios temas pero o máis exitoso foi o de "mamá comprame unas botas " de Enrique y Ana


Mamá, cómprame unas botas,
que estas ya están rotas
de tanto bailar.
Este ritmo divertido
que todos los niños
quieren practicar.
Charlestón, charlestón,
cómo alegra mi corazón.

Mamá, cómprame unas botas,
que estas ya están rotas
por el Charlestón




Tamén decoramos a nosa clase de música cos nosos discos de vinilo