Xardín musical na segunda planta do cole.

Podedes vir dar un paseo a ver o novo xardín musical na segunda planta do cole.
A canción que veredes nesta partitura floral é "Somewhere over the rainbow" da fermosa película "O mago de Oz".



CONCURSO MUSICAL EXPRESS

1. Pon letra a un retrouso ( estribillo) coñecido.
    A letra ten que falar do tema do ano. "INVENTOS E EXPERIMENTOS"

2. Podes participar só ou con queiras (Irmáns, amigos..) o máximo son catro persoas por canción.

3. Podes gravar a canción enviala por mail  librincios@gmail.com ou traela nun pen drive ao cole.
    Tamén podes gravala na aula de música ao longo desta semana no tempo do recreo ou hora de   lectura.

4. Podes facer o concurso en galego, castelán ou inglés. Síntete cómodo.

5. Hai cinco categorías para participar: Infantil, 1º ciclo, 2º ciclo, 3º ciclo e adultos.
    No caso de que nun vídeo participen máis dunha persoa a categoría de participación será a de        maior idade.

6. O prazo de entrega dos vídeos por mail terminará o domingo 29 de maio.

Aquí tedes dous exemplos moi motivadores.


Os nenos e nenas de 5º con  Newton



Algúns nenos e nenas de 3º coas súas flores máxicas